
Estudio MMASA
| Obra: | Casa x2 |
| Arquitecto: | Estudio MMASA |
| Provincia: | Pontevedra |
| Localidade: | Os Casás, Barro |
| Ano: | 2008 – 2012 |
| Xeolocalización: | 42.527, -8.661 |
| Outros Datos: | ||
| Premios: | ||
| Premio Gran de Area | 2012 Candidata | XV Premios COAG | 2013 | ||
| Publicacións: | ||
| Información na rede: | ||
| mmasa.net coag.es | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «A disposición inicial dos volumes antigos xeraba un baleiro intermedio que foi aproveitado pola nova edificación e así completar os usos demandados. Ao ter dúas orientacións distintas, partiuse dunha bisectriz entre ambos os dous de modo que a nova ampliación serve de nexo e transición, tanto en plano coma en sección, entre ambas as dúas edificacións preexistentes. Así, na planta alta, as vivendas conéctanse mediante unha peza de unión pero na planta inferior é posible circular arredor da vivenda de forma continua. O proxecto parte da idea dunha progresiva disolución dos elementos que habitualmente configuran os cerramentos dunha residencia. Para iso recupéranse os muros da vivenda tradicional e na ampliación desenvólvese unha fachada continua, de formigón e sen unións, que sitúa os ocos para conseguir un mellor aproveitamento do soleamento. Especialmente buscouse a continuidade dos espazos no interior e, morfolóxicamente, a adecuación á topografía no exterior» Estudio MMASA | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||








