| | «Pártese dunha disposición do edificio perpendicular á rúa de acceso. A ocupación distribúese por plantas segundo idades. A planta inferior recolle os usos comúns do CEIP e as aulas de infantil. Os espacios totalmente abertos ao extereior protéxense baixo porches xerados pola planta superior. Esta parte dun esquema funcional claro de corredor central e aulas de primaria aos lados. O volumen compacto perfórase con patios abertos dos que reciben luz as aulas e o corredor central cos seus núcleos de comunicación vertical. Os extremos do volume que configura os patios cara o parque colindante dispóñense opacos e con acabados cromáticos contrastando co volumen inferior. O espacio de acceso aparece como prolongación do pabellón a modo de pérgola, proporcionando continuidade ao conxunto e permitindo a comunicación baixo cuberto.» HIVAS |
CEIP «Amadeo Rodríguez Barroso»
¡Corrixido Ángel! Moitas grazas pola túa indicación.