12345 (3 votos, promedio: 4,33 de 5)
Cargando...

Centro de Saúde en Viveiro

AG_centro_saude_manuel_gallego_jorreto_viveiro_00
turismo.gal
Obra:Centro de Saúde en Viveiro
Arquitecto:Manuel Gallego Jorreto
Provincia:Lugo
Localidade:Viveiro
Ano:1994 – 1996
Xeolocalización:43.667523, -7.593309
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Centro de salud en Viveiro | Ed. Construcciones Fontenla 1996
Obradoiro No 27 | 1998
Manuel Gallego. Arquitectura 1967 – 2015 | Ed. Fundación Barrié 2015
Información na rede:
turismo.gal
Descripción do proxecto:
«O centro de saúde encontrase en zona de recheos portuarios. O lugar caracterízase pola ausencia dunha estrutura urbana. Está situado nas aforas do núcleo consolidado de Viveiro.
O único que cabería salientar é a claridade da súa visión afastada desde a outra beira da ría, onde aparece con personalidade a súa horizontalidade, ligado ao mar e ao seu carácter de zócolo de desorde construída posterior.
É por isto polo que se proxectou un edificio pechado en si mesmo, cunha forma simple e abstracta que formule esa clara independencia co que aínda non sábenmos se situará arredor. Só a súa horizontalidade acentuará esa personalidade do lugar. Os lucernarios serán, coas luces do sol e as nubes, a referencia afastada.
O centro comprende: asistencia sanitaria, educación sanitaria, urxencias e radioloxía básica e administración e servizos.
A idea básica do edificio é o seu carácter modular, unha caixa que contén un conxunto de módulos repetidos. Dentro da rixidez da trama imposta, queixen moverme con certa liberdade. É un edificio frío e aséptico; podería ser unha ambulancia. Soamente a zona de persoal e administración se constitúe con certa independencia, rompendo lixeiramente a caixa e asomándose á cidade. Ademais, desde alí vese o mar e recíbese o sol»
Manuel Gallego
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Manuel Gallego. Arquitectura 1967 – 2015 | Ed. Fundación Barrié 2015


Authors
12345 (3 votos, promedio: 4,33 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top