| | O centro de saúde atópase dentro do polígono de vivenda de Coia, como en moitas cidades composto por un substrato de poboación traballadora procedente do éxodo rural dos anos 60. Caracterizado pola ortodoxia urbanística do movemento moderno, edificacións en altura e grandes espazos libres. A estratexia de Penela é buscar unha escala mais próxima ao paciente, fronte a verticalidade da edificación que o rodea, a horizontalidade. Nunha constrinxida parcela triangular, que ateigada practicamente no andar 0, elévase para abrir grandes panos vidrados nos andares superiores. Logra así encher de luz e abrir o edificio cara o exterior. Coidadosamente sitúa unha bandas de protección solar de aluminio perforado, que protexen do exceso de asollamento e resalta aínda máis a horizontalidade. Estratexia moi semellante emprega no centro de saúde da Doblada. |