12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Complexo industrial S.T. Lonia

AG_Complexo_industrial_SLT_freixedo_pereiro_aguiar_00
Santos-Díez
| BISimages
Obra:Complexo industrial S.T. Lonia
Arquitecto:
Alfredo Freixedo Alemparte, José Antonio Vázquez Martín e Elsa Urquijo Gómez
Provincia:Ourense
Localidade:Pereiro de Aguiar
Ano:1997 – 1998
Xeolocalización:42.324889, -7.80834
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
Obradoiro No 28 | 2000
Información na rede:
stlonia.com
elsaurquijo.com
Descripción do proxecto:
«Neste proceso proxectual establéncese dúas categorías de intencións, racionais ou funcionais e compositivas ou de linguaxe.
As primeiras buscaron a resolución dos condicionantes funcionais tomados como puntos de partida: separación das distintas actividades produtivas en diferentes contedores e previsión de crecemento. Para iso, cada unha das naves dimensionouse en base ás necesidades espaciais inmediatas e futuras, definindo as diferentes fases de expansión.
Estes suposto buscaron manter un esquema ordenado, á vez que a segregación das diversas naves pretendeu previr os riscos de incendio, sectorizando a globalidade da fábrica.
A búsqueda dunha imaxe, tanto exterior como interior, supuxo tamén intención de proxecto. Á vez que se solucionaron os condicionantes funcionais que determinaron a composición do conxunto, utilízarouse un código lingüístico para formalizar a arquitectura.
Esta linguaxe, que ten as súas raíces nos comezos do movemento moderno e en correntes arquitectónicas como Grupo ABC ou a Escola da Bauhaus, quixo responder ás necesidades contemporáneas con solucións actuais. Para iso, emprégase os materiais e sistemas construtivos con sinceridade, buscando a súa nobreza na sinxeleza e boa resolución do detalle construtivo.
Cara ao exterior, as superficies a base de paneis de formigón prefabricado, as cubertas case plana, ou a disposición por separado das naves, dentro dunha retícula que organiza o conxunto, pretendeu inspirarse nos mestres do racionalismo centroeuropeo. As industrias da Fagus e da AEG en Alemaña, de Gropius, a fábrica Van Nelle en Rotterdam, de Brinkmann, ou o Campus do IIT de Chicado, de Mies Van der Rohe, quixeron ser referentes de imaxe no proxecto»Alfredo Freixedo, José Antonio Vázquez e Elsa Urquijo.
Reportaxe fotográfica:
Planos:
Obradoiro No 28 | 2000

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top