Obra: | Conservatorio Profesional de Música en Santiago |
Arquitecto: | José Antonio Franco Taboada |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Santiago de Compostela |
Ano: | 2005 |
Xeolocalización: | 42.9071,-8.5257 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
– | ||
Publicacións: | ||
– | ||
Información na rede: | ||
turgalicia.es | ||
Descripción do proxecto: | ||
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago é un edificio que trata de resolver, cunha linguaxe arquitectónica contemporánea, unha necesidade da cidade: a dun espazo para a aprendizaxe e representación da música. Neste sentido, o proxecto resolve moi correctamente as necesidades que presenta este tipo de uso, distribuíndo e organizando os espazos dun xeito claro. Para os usuarios resulta moi cómodo e eficaz: o edificio responde perfectamente á función para a que foi ideado. A súa implantación na parcela configura o espazo da mesma e outórgalle carácter público, ordenando e dotando a todo o conxunto de calidade. É unha peza que crea cidade ao seu redor, dialogando co contorno inmediato dunha maneira dinámica e moderna. Dous grandes volumes realizados con muros de formigón branco configuran a estrutura do proxecto. Un primeiro corpo situado na cota superior define o volume principal de aulas, mentres que o segundo, que alberga o auditorio, tamén en formigón visto branco, sitúase paralelo ao primeiro nunha cota inferior. O muro exterior na esquina da parcela que dá á avenida Rodríguez de Viguri cúrvase absorbendo a diferenza de cotas e salvando así a pendente da parcela, dándolle ao conxunto un ritmo novo. Na planta superior o corpo principal desmaterialízase e aparece unha caixa opaca de color negro creando o contrario do acabado da fachada de formigón. A cuberta resólvese cunha lousa inclinada suspendida sobre piares metálicos nun intento de dar un carácter de ingravidez ao conxunto. | ||
Reportaxe fotográfica | ||
Planos: | ||
– |