«Nós tamén estamos contribuíndo a concretar un novo capítulo desa historia e, polo tanto, non debemos esquecer que a nosa participación na mesma deberá contar cunha clara vocación de contemporaneidade» Pedro De Llano
Centro de actividades mariñeiras e Cabanas do Barranco
«A inspiración, aquelas primeiras construcións que, cando nenos, evidenciaban ese instinto atávico de desexar vivir entre as ramas das árbores»
Salgado e Liñares arquitectos
Centro Social e de lecer Biosaludable en Oleiros
«La propuesta hace hincapié en intentar lograr un espacio público en un núcleo rural. El proyecto se preocupa ante todo por generar en su propia organización un espacio de relación y lograr distintos tipos de espacios públicos en cuanto a su carácter y escala»
Carlos Seoane
Casa na Reboira
«Como se fora unha rocha cravada no terreo, a tosquedade dunha sólida estrutura de formigón abuxardado, contrastará cos espazos interiores precisos e luminosos»
Sabín + Blanco
Centro cultural en Santa Cristina de Fecha
«Vistas atentas sobre a paisaxe enmárcanse dende a arquitectura proposta, ao tempo que a súa integración no seu marco paisaxístico é un dos seus obxectivos fundamentais»
Xosé Manuel Rosales
Ampliación das escolas Labaca
«Óptase por un edificio neutro cunha xeometría sinxela e tersa, que non entre en antagonismo e que serva de pano de fondo ao edificio orixinal»
Joaquín Fernandez Madrid
Colexio público no Temple
«O edificio sitúase á beira da ría e deixa un grande espazo baleiro de xogos. A cuberta de cinc québrase e deixa entrala luz á zona central ocupada polas circulacións e dos aseos»
Noguerol y Díez
Cemiterio municipal de Fene
«Tratouse de simplificar os significantes necrolóxicos e relixiosos confiando os papeis simbólicos a un gran lucernario central»
Felipe Peña, Ignacio Ugarte, Francisco J. Corazón e Carlos Sánchez
Nova bóveda da igrexa de San Salvador
«Nova falsa bóveda para a igrexa de San Salvador de Taragoña para substituír a anterior de medio pé de ladrillo oco dobre, recuperando para iso o material orixinal, a madeira»
Antonio Pernas
Casa Taller en Cabo Prior
«La casa-taller recoge dos aspectos dominantes de Cabo Prior: Lo inhóspito de un territorio tan majestuoso como abrupto, y la expansividad de las vistas hacia la playa y la ermita de Sta. Comba»
Jorge Salgado