Alfredo Freixedo deseñou un volume prismático cunha modulación de bandas horizontais nas que alterna ocos acristalados ou chapas perforadas con chapas cegas ou láminas segundo se queira obter do exterior protección ou iluminación. Un patio central cun xardín interior vertebra o espazo ao que se vinculan as dependencias da consellería.
Biblioteca Pública Ánxel Casal
«Para su construcción optamos por una arquitectura blanda o de difícil impacto, que apuesta por un lenguaje constructivo amable y una tipología innovadora argumentada en los requerimientos funcionales y en la evocación de objeto abierto y transparente»
Andrés Perea
Complexo do SERGAS, IGAPE e IGAES
«Un lugar de trabajo donde se ocupa parte del tiempo de nuestra vida exige las mejores prestaciones medioambientales, tanto para el desarrollo de la labor productiva como para la mayor calidad de vida de los empleados» Andrés Perea
Piscina cuberta de Santa Isabel
Este edificio é como un gran contenedor, un espacio único, de planta rectangular. Na planta baixa, baixo as gradas, están os vestuarios coa separación típica de calzados e descalzos, e na entreplanta algunhas instalacións de profesores e monitores para dar mais servicio.
A losa do vaso está sobre unhas vigas zapata transversais, polo que a súa parte baixa é visitable.
Vivendas na Alameda
«A súa condición de borde da frondosa alameda engade a súa elevada posición respecto á contorna. Esa marcada frontera topográfica confire ó parque un carácter de illa verde autónoma que impón o seu dominio visual»
Otero Pombo
Vivendas na vacariza do Carme de Abaixo
«Nesa complexa estructura urbana coa súa pequena igrexa, a ponte sobre o río e a variada secuencia de casas que se agrupan en torno á Rúa do Carme de Abaixo, atópase a Vaquería, formando parte dunha serie innumerable de instalación que se foron desenvolvendo co paso do tempo xunto ó Sarela no borde da cidade» Otero Pombo
Vivendas en Caramoniña
«El respeto hacia lo que hay alrededor, la falta de arrogancia, es una forma de integración previa, es un talante de buena educación. Ser discreto es entender el contexto en que te mueves y ponerte de acuerdo con él»
Victor López Cotelo
Parlamento de Galicia
«En 1987, Andrés Reboredo obtén o primeiro premio nun concurso convocado para seleccionar o proxecto que transformaría o Cuartel do Hórreo no Parlamento de Galicia. O grande edificio militar que se rehabilita posúe unha planta rectangular, coas esquinas resaltadas por corpos saíntes e de maior altura. No se centro existe un único patio, en torno ao que discorren todas as circulacións. Exteriormente o edificio a penas amosara cambios substanciais, mantendo a súa severa fachada, con excepción da construcción dunha magnífica reixa de aceiro oxidado composta por pezas exentas, colocadas de canto, altas e agudas, que permiten ver o exterior do edificio, en visión frontal, pero que en escorzo se converten nun muro opaco coa singular cor e textura do metal oxidado».
Escola Pública Raíña Fabiola
«A faceta do teórico da arquitectura impregna toda a obra do italiano Giorgio Grassi. A súa idea de que os principios da arquitectura son únicos e inmutables amósase en toda a súa obra e, claro, tamén no seu conceptual proxecto para un colexio público compostelán…»
Sede da Dirección Xeral da Policía Autonómica
«A sede da policía sitúase nunha parcela na zona máis alta do Polígono de Fontiñas , un novo barrio compostelán do tamaño do casco histórico da cidade. O edificio aproveita as condicións do terreo, con forte pendiente, para resolver o seu programa con dous volumes contrapostos, un zócolo, nunha única planta, en torno a un patio cadrado, e un prisma rectangular, colocado na parte máis alta do terreo, sobre o edificio – zócolo».