| | “Xurdido a partir dun concurso de ideas que foi gañado polo arquitecto Andrés Perea, a súa presenza e a resolución constructiva do seu espazo interior non son indiferentes, cinrcunstancias que o fixeron especialmente controvertido. Este peza forma parte do repertorio formal de edificios administrativos deste arquitecto, que define unha linguxe totalmente recoñecibel. As grandes raspaduras que iluminan o interior, formigón branco e superficices de vidrio, plantas totalmente diáfanas e presenza imponente na escena urbán forman parto do código do arquitecto. Neste caso, a vontade de permitir a contemplación da paisaxe arredrada determinou o seu volumen. Foi unha decisión segnificativa, xa que a cidade non soubo conservar esa visión do horizonte en ningún punto da Ronda da Muralla, destruíndo un patrimonio visual único e unha das razón estratéxicas de construcción da muralla, o seu dominio de todo o territorio”. Guía de Arquitectura de Lugo. |