12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Edificio no casco vello de Vigo

Rehabilitación no casco vello de Vigo | Alfredo Sirvent | XIV Premios COAG Rehabilitación

Obra: Edificio no casco vello de Vigo
Arquitecto: Alfredo Sirvent
Provincia: Pontevedra
Localidade: Vigo
Ano: 2007-2010
Xeolocalización: 42.238,-8.726
Outros Datos:
Premios:
 XIV Premios COAG Ano 2010 | I Premio Rehabilitación
Publicacións:
 Metagénesix
Información na rede:
alfredosirvent.com
santos-diez.com
Descripción do proxecto:
«O proxecto responde á necesidade de rehabilitar un inmoble na cidade vella de Vigo, dotándoo de dúas vivendas e un local comercial, resolvendo os requisitos construtivos e estruturais dos que é deficitario e limpando aqueles elementos engadidos que carecen de interese e desvirtúan a arquitectura herdada a conservar.
A solución formulada parte da conservación dos muros medianeiros e fachada do inmoble así como dos elementos protexidos e xera unha nova ampliación na última planta. O obxectivo será buscar unha boa transición entre o edificio lindante (co seu engadido excesivo) e o resto das cubertas próximas, mediante un mecanismo de fragmentación volumétrica.
Para iso se parte dunha configuración de cuberta tradicional a dúas augas á cal se lle aplican unha serie de transformacións xeométricas que serán a base do proceso, e que consiste en fragmentar a cuberta en tres partes mediante un mecanismo de deslizamento capaz de establecer as relacións co ámbito desexadas, subindo en altura alí onde é necesario mitigar a presenza dunha medianeira desafortunada, ou baixando e repregándose en actitude de respecto alí onde aparece unha cumieira ou un aleiro veciño.
De maneira que nos desfases de altura se producen uns saltos que achegan unha nova espacialidade á última planta, ademais de resolver a entrada de luz; aspecto de importancia vital se temos en conta a situación escorada e desfavorable da parcela en canto a condicións de soleamento.
Trátase, en fin, dunha estratexia flexible formalmente que permite unha evolución do proxecto para adecuarse e adaptarse a todos os condicionantes existentes no lugar.
O programa organízase verticalmente en función da privacidade. Así, en planta baixa se sitúa o local comercial, en planta segunda o estudo e nas dúas últimas plantas a vivenda dúplex. Esta organízase nunha zona de noite na planta segunda e a zona de día na última planta, dadas as condicións de soleamiento, vistas e espacialidade xeradas pola solución de cuberta. A escaleira existente consérvase no seu primeiro tramo que será que dea acceso ao estudo e a vivenda. A partir da primeira planta a nova escaleira pasa a ser do interior da vivenda dúplex.
O material elixido para a cuberta é o cinc, primeiro por ser un material intemporal, e por outra parte porque resolve axeitadamente a xeometría de dobras xerada polas cubertas resaltando a súa continuidade formal ao baixar polos panos verticais. Outro aspecto básico do cinc é a súa capacidade de fundirse coa cor cambiante do ceo e colaborar a desmaterializar unha ampliación dun volume pétreo que se relaciona en materialidade e escala co resto do tecido do casco histórico.» Alfredo Sirvent
Reportaxe fotográfica:
Planos:
12345 (2 votos, promedio: 3,50 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top