| | “Destacan na cidade tres conxuntos parroquiais realizados entre os anos 60 e 70. O primeiro en ser proxectado, polo arquitecto asturiano Efrén García Fernández está dedicado a San Lourenzo e mostra, como xa o tiña feito no pavillón dos deportes, a súa capacidade como proxectista. O conxunto de casa parroquial e igrexa organízase ao redor dun porche cuberto, que, xunto co baptisterio no exterior, define un claustro interior recollido e amábel. Da casa parroquial hai que destacar o seu alzado posterior, tanto pola súa expresión formal como pola súa conexión coa igrexa a través dun zócolo de lousa. A pez amáis suliñabel, no obstante, é a igrexa. A súa planta inspírase na forma dunha grella na honra de San Lourenzo mártir. Os muros continuos e curvados construidos con laxes de lousa configuran un espazo interior excepcional. O lucernario a poniente filtra a luz a través dos cristais tintados que iluminan directamente o altar sobre fondo de granito cunha tonalidade de cor terra. Cómpre destacar tamén as pezas de Manuel Mallo, pía bautismal, sagrario, frontón e pé de altar”. Guía de Arquitectura de Lugo. |