La intervención propuesta intenta recuperar ese aire misterioso de monumento oculto, que no es descubierto en su totalidad hasta estar prácticamente a sus pies. Me parecía que debía aprovechar la ocasión de señalizar al tiempo el monumento desde lejos, es decir, dar algún dato visual que ayudase al visitante a su localización a través de un cierto código visual preestablecido.
Centro de día en Cospeito
santos-mera Obra: Centro de día en Cospeito Arquitecto: CSP Arquitectos Provincia: Lugo Localidade: Cospeito Ano: 2002 – 2009 Xeolocalización: 43,23,-7.55 Outros Datos: Premios: Publicacións: Información na rede: santos-mera.com2carquitectos.com Descripción do proxecto: Reportaxe fotográfica: Planos:
Escola de Artes e Oficios de Lugo
O proxecto redactado polo arquitecto do Ministerio de Educación Manzano-Monís foi elixido entre outras cinco propostas de edificios para usos similares. O proxecto baséase na definición individual de cada aula con superficies variables e cubertas a unha auga, todas enlazadas por unha zona cuberta aberta ao xardín interior. As aulas distribúense en dúas reas enfrontadas que se moven segundo as necesidades de accesos e o desexo de dotar de interese espacial o xardín interior. A cercanía de cada unha das pezas e a amplitude dos cubertos fai que o edificio se peche sobre si mesmo para protexerse do clima
Centro Arqueolóxico de San Roque
O novo museo sitúase en relación ao xardín e a capela de San Roque, pertencente ao barroco galego e obra de Ferro Caaveiro, no 1732. A construcción do museo ten a súa orixe no achado duns importantes resto arqueolóxicos a carón da igrexa: unha piscina ritual romana, tumbas e un forno. Estes restos sitúanse por debaixo da cota do xardín, polo que o proxecto procurou a creación dunha plataforma horizontal capaz de cubrir os restos e definir un espazo público sobre os propios restos con acceso directo dende a rúa. Este cofre de pedra encerra trata de recuperar o carácter máxico dos restos encontrados iluminándoo con luz cenital
Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
O programa articúlase en torno a dous volumes intencionadamente separados e que se conectan a través dunha estreita pasaxe. O volumen cilíndrico está ocupado únicamente por salas de lectura da biblioteca. A rúa cuberta e oblicua que atravesa o conxunto evita a imaxe demasiado evidente das cubertas do novo pavillón e facilita un espazo de descanso e encontró dos usuarios da biblioteca
Edificio de Enfermaría no Hospital Vello de Lugo
Esta peza pecha o complexo do antigo Hospital Xeral para acoller as dependencias da Escola de Enfermaría. É quizáis, formalmente, unha das máis curiosas da cidade. O conxunto está formado polo edificio de instalación coa súa cheminea prismática de ladrillo visto, elevado sobre a cota da rúa e o volumen principal
Centro de saúde de Vilalba
«O resultado parece lóxico, un edificio algo pechado en si mesmo como defendéndose do exterior, case se podería dicir que anónimo, calado, autista…»
Carlos Meijide e Francisco Vidal
Igrexa de San Francisco Xavier
A igrexa de San Francisco Xavier destaca tanto polo edificio como polas esculturas que nela se encontran. O conxunto parroquial articúlase ao redor dun patio axardinado interior pechado pola vivenda do párroco, as salas de reunión e, como elementos formais de maior presencia, o campanario e a igrexa. A igrexa é obra do arquitecto Gerardo Calviño e presenta un deseño sobrio que fai de contrapunto perfecto para as esculturas que acolle no seu interior
Edificio de usos múltiples da Xunta de Galicia
Xurdido a partir dun concurso de ideas que foi gañado polo arquitecto Andrés Perea, a súa presenza e a resolución constructiva do seu espazo interior non son indiferentes, cinrcunstancias que o fixeron especialmente controvertido. Este peza forma parte do repertorio formal de edificios administrativos deste arquitecto, que define unha linguxe totalmente recoñecible
Centro de Asistencia Primaria
Arquitectura pública feita cos cartos de todos e institucional que a todos representa. Un centro de Asistencia Primaria é un templo á saúde pública. O carácter do edificio reflectirá a firmeza e o sosego do permanente e a axilidade e a lixeireza das relacions sociais contemporáneas. Na forte pendente da ladeira sur da cidade e rodeado de edificios residenciais de grande altura, constrúese este centro de saúde de mil metros cadrados