12345 (2 votos, promedio: 1,00 de 5)
Cargando…

Novo Auditorio de Ourense

auditorio de ourenseJosé González

Obra:Novo Auditorio de Ourense
Arquitecto:Xosé Manuel Casabella
Provincia:Ourense
Localidade:Ourense
Ano:2002
Xeolocalización:42.8457,-8.2095
Outros Datos:
Premios:
Publicacións:
xmcasabella.com/monograficos/orense
Información na rede:
turgalicia.es
Descripción do proxecto:
O novo auditorio de Ourense nace con vocación de erixirse en referente arquitectónico e paisaxístico para a cidade. Sitúase nunha localización privilexiada -nos terreos do antigo cuartel de San Francisco- xa que se encontra á mesma distancia -dez minutos a pé- do centro histórico e tamén do centro comercial e recreativo.
Trátase dun edificio que alberga un grande auditorio con capacidade para 1.000 persoas, así como unha serie de espazos anexos destinados a congresos, conferencias, exposicións, etc.
O volume proxectado ten como elemento central, a modo de reclamo, a torre do escenario, a chamada torre de tremoias, que por necesidades técnicas alcanza unha grande altura, dispoñéndose ó seu redor os demais volumes. É unha construción funcional pero moi atractiva, onde se empregan materiais tradicionais como o granito rosa Porriño combinado co granito gris Mondariz nas fachadas e outros materiais máis contemporáneos como son o vidro, o aluminio e o aceiro.
Búscase no edificio a combinación de eficacia e funcionalidade coa de representatividade, aspirando a ser un dinamizador da cidade e un importante punto de encontro.
Reportaxe fotográfica
Planos:
Authors
12345 (2 votos, promedio: 1,00 de 5)
Cargando…

Related posts

*

Top