obras en Ourense

Vivenda en Ramirás

‘Organízase en 2 andares, así o andar inferior queda semisoterrado a modo de gran zócolo de formigón e nela sitúanse as dependencias que protexen do medio a modo de cova ou cuncha dun animal. O andar superior, é unha burbulla de vidro, destinado á vida durante o día’
Quico Jorreto

CEIP Amadeo | Ourense | HIVAS

CEIP Amadeo Rodríguez Barroso

No CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense, o estudio HIVAS parte dunha disposición do edificio perpendicular á rúa de acceso. A ocupación distribúese por plantas segundo idades. A planta inferior recolle os usos comúns do CEIP e as aulas de infantil. Os espacios totalmente abertos ao extereior protéxense baixo porches xerados pola planta superior. Esta parte dun esquema funcional claro de corredor central e aulas de primaria aos lados. O volumen compacto perfórase con patios abertos dos que reciben luz as aulas e o corredor central cos seus núcleos de comunicación vertical. Os extremos do volume que configura os patios cara o parque colindante dispóñense opacos e con acabados cromáticos contrastando co volumen inferior. O espacio de acceso aparece como prolongación do pabellón a modo de pérgola, proporcionando continuidade ao conxunto e permitindo a comunicación baixo cuberto.

Novo Auditorio de Ourense

O volume proxectado ten como elemento central, a modo de reclamo, a torre do escenario, a chamada torre de tremoias, que por necesidades técnicas alcanza unha grande altura, dispoñéndose ó seu redor os demais volumes. Búscase no edificio a combinación de eficacia e funcionalidade coa de representatividade, aspirando a ser un dinamizador da cidade e un importante punto de encontro. – turgalicia.es

casa da maxia

Casa da Maxia

Ante un programa rico e dinámico como o que presenta a Asociación de Magos Profesionais de Galicia encontramos un solar de 50m² no casco histórico de Ourense cunha única fachada, a conservar por estar protexida polo Plan Especial de Reforma Interior; a fachada existente rematase cunha galería.

Top