Obras de 2010

Escola infantil de 6 unidades

O solar atópase rodeado por viales en dous dos eus lados e polo outro sitúase o campo da festa. Optouse por unha solución pechada e neutra cara o vial este e aberta ó oeste e ó campo da festa, orientando os patios para ter soleamento á tarde. Todo o programa se resolve na planta baixa, facilitando a completa accesibilidade e favorecido polas características do lugar.

Escola infantil no campus de Ourense

A gardería plantéxase nunha soa planta por razóns de uso e accesibilidade. O acceso atópase no punto máis alto do terreo, a modo de ponte. Habilítase un zaguán para deixar os carriños e un cortaventos introducenos no edificio, que se organiza en franxas funcionais paralelas. Unha sala de usos varios reparte o xogo, cára o norte os espazos servidores con acceso independente.

Casa HK

«A xeometría da vivenda que, simplificada ata evocar a casa básica, concibiuse como unha peza autónoma colocada como un observador da paisaxe e que fala, con novos termos, da linguaxe tradicional do lugar»
MYCC Arquitectura

Top