‘O conxunto ordenase urbanísticamente mediante un anel perimetral de circulación rodada e pequenos apartamentos, quedando o centro libre, peatonalizado, con pequenas alamedas e espazos de lecer e deportivos’ Javier Suances
Xardíns de Bonaval
Trátase de un parque vinculado ó Convento de Santo domingo de Bonaval, xa que o bordea en toda a sua parte traseira. O conxunta é un espazo cheo de recunchos diversos, con zonas arboladas e axardinadas, atravesado por muros de pedra, escaleiras, camiños de xabre, todo impregnado de historia.
Centro Cívico de Xove
O centro cívico é o resultado da imbricación entre dous sistemas: un de espazos construidos cubertos e outro de eszpazos construídos descubertos, xerando un espazo público de relación social. O conxunto fórmano as prazas, a Casa Consistorial e o centro cultural, así como a piscina cuberta e mailo polideportivo. As prazas son o eixo do proxecto, preséntanse coma unha evolución dos claustros pechados e privados, espazos de vida común nos que a comunidade desenvolve as súas actividades.
Centro para autistas e psicóticos adultos
A concepción xeral do proxecto apóiase na aceptación da acusada topografía do terreo, como condicionante de ordenación do conxunto así como na implantación do centro nas cercanías dun núcleo de vivendas tradicional, disgregadas e de crecimento e ordenación e ordenación anárquica. A concepción é unitaria, a pesar da necesidade de diferenciación dos distintos elementos do conxunto.
Remodelación del entorno de las Burgas
El ámbito del estudio incluido en el presente proyecto, se divide, a efectos metodológicos, en tres partes, cuya compartimentación se hace coincidir con las zonas de influencia de cada una de las tres Burgas, localizadas espacialmente en la partebaja, media o alta del solar.
Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos
«A Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso é un edificio lineal, aberto ó norte con vistas ó mar cun vestíbulo de dobre altura con cristaleira a mediodía. Intentouse dar ó edificio a apariencia propia deste contorno marítimo mediante a utilización da cor branca, azulexos en bandas azul mariño e elementos verdes».
Carballeira de Santa Minia
Conxugar dous aspectos esenciais: o respecto á tradición, ó patrimonio cultural histórico e artístico dun pobo, e caracterizado pola presenza da Carballeira e a Ermida; a incorporación de solucións construtivas que dean resposta a necesidades actuais que favorezan a continuidade do home no seu territorio
Aquarium de Vilagarcía de Arousa
«No Paseo Marítimo que o une o porto de Vilagarcía co de Carril, constrúse este edificio que, avanza perpendicularmante á costa, intróducese no mar. A súa alargada silueta e a súa clásica imaxe pretenden contrarrestar, o inquietante efecto visual duns bloques de apartamantos que forman unha pantalla edificatoria cuxa presencia é negativa» César Portela
Casa da cultura de Cangas
«Coidándose especialmente os aspectos tipolóxicos que fan referencia analóxica a arquitectura tradicionais no litoral galego, como andrómenas portuarias, estaleiros e fábricas conserveiras, enriquecidos coa presenza dun soportal perimetral, e de galerías» César Portela
Centro Socio-Cultural de Xinzo
«El edificio resolvese en tres corpos: Auditorio, circulacións e o resto das dependencias do programa. A disposición en L doas tres corpos permite un bo aproveitamento do espazo libre da parcela, na que a Comunidade ten previsto un parque infantil» Xosé Manuel Rosales