Proxecto de rehabilitación dunha antiga bodega de pedra. Situada nun entorno rural, o proxecto se acomoda aos límites dos muros existentes, consistentes en dous corpos: o principal de planta baixa e un torreón de dous niveis.
Casa na Carrasqueira
«A vivenda consiste en dous volumes maclados que se sitúan no vértice da L, dividindo desta forma o terreo nunha serie de espazos ben acoutados con usos diferenciados segundo a súa altura, topografía, soleamiento e vistas» Martín de Cominges e José Villacé
Hortas en Caramoniña
«Confiamos en que a resolución dos problemas de accesibilidade, conxuntamente coa actividade proposta, favoreza non só a sustentabilidade da actuación, senón que mellore sensiblemente a calidade de vida da veciñanza» Abalo Alonso arquitectos
Biovalvo – edificio experimental
Trátase dunha construcción experimental onde se investigan as posibilidades da valva do mexillón como material de construcción. Nel monitorízanse distintas características ambientais para comprobar a efectividade da solución constructiva.
Centro de recepción de visitantes das Fragas do Eume
«Pretendíamos que a nosa actuación fose silenciosa, nada se escoita mellor, ni máis alto, que o silencio»
Sabín-Blanco Arquitectos
Acondicionamento da praza do Seixo
Trázanse unha serie de bandas arboradas seguindo os movementos principais dos peóns. As árbores van definir unhas liñas de sombra baixo as que se porá o mobiliario urbano.
Pousada xardín de Ribadumia
«O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito» Mauro Lomba
CITA
«Unha galería subterránea de 715m2 de superficie á cal se accede a traves dunha caixa de cristal que fai a transición da rúa ao subterráneo»
Casa na Choupana
«Cada xeración estará disposta nun andar: avós en planta baixa, netos no primeiro andar e fillos no baixo cuberta; todos eles conectados por un gran espazo de comunicación, coma se dunha pequena ‘corrala’ tratásese» 2es+ | Álvaro Marín e Alfonso Castro
Rexistros da propiedade de Vigo
«O proxecto organiza o seu funcionamento a través dun patio, resultado da suma dos patios herdados do parcelario, e que adquire así unha escala pública, e que se constitúe en aglutinador funcional e de identidade do edificio» Irisarri+Piñera