A través de grandes xardineiras deseña unha obra na que o xardín forma parte da fachada e cuxa composición volumétrica respecta aos edificios lindeiros. Seguindo coa linguaxe postmoderna, o edificio está fragmentado en diversos sólidos suspendidos que ancorados nos seus soportes reivindican dalgunha forma a súa autonomía.
Edificio de control para autoestradas
‘En un paisaje ondulado como el gallego no es fácil insertar un edificio sin que se produzcan desplomes ópticos; por ello se trató el edificio de control con movimiento de techos y volúmenes que producen una multiplicidad de horizontales, junto con la acentuación de elementos verticales netos’ Mario Soto
Vivendas na rúa García Olloqui
«Unha preocupación constante pola protección da intimidade das vivendas, tanto dende o exterior como dende o mesmo interior, guiaron a dirección do proxecto. De aí, o extensivo uso de rompe-vistas verticais de madeira que sen impedir as vistas ao mar ou a lugares afastados, non as permiten dende a rúa o de unha vivenda a outra e fan posible o uso da terraza» Xosé Bar Bóo
Vivenda no Pinar
«Quíxose indagar sobre a posibilidade da xeneralización, entendendo a vivenda como un lugar sobre o que se vive, constrúe a vida.
Así, proxectar unha vivenda propia podía ser tamén atopar unha orde e esa sería a referencia para ir diferenciando e recreando o espazo» Manuel Gallego
Vivienda en Corrubedo
«A casa pégase á terra e quixera pasar inadvertida. Constrúese un muro, defínese o lugar habitable. Nel, ocos para combatelo vento, tomar o sol, plantar…» Manuel Gallego
Vivendas para xitanos
«La tipología de viviendas unifamiliares elegidas en planta es muy similar a un vagón de literas, volumétricamente recuerda a un curro gitano y por su disposición en el terreno semeja un conjunto de hórreos» César Portela
Facultade de filoloxía e traducción
O arquitecto Desiderio Pernas proxectou os edificios seguindo o modelo de campus norteamericano, concretamente o ITT de Chicago no que estudou. Diferentes pavillóns que desenvolven o programa nun espallamento horizontal. Busca unha escala edificatoria próxima, de pezas conectadas.
Universidade Laboral de Vigo
A última das universidades laborais do estado foi proxectada polo arquitecto galego José Antonio López Candeira. Coa estratexia de pavillóns conectados por pasos cubertos logra manter una unidade funcional, mentres que cada peza resólvese con diferentes formalizacións e cotas. A modo de “contedores eficientes” trata de responder a cada función individualmente.
Universidade laboral de Ourense
«En una de las primeras reuniones en el estudio, Julio esbozó un esquema lineal que rodeaba el bosquecillo y ahí nació el proyecto»
Jose Manuel Sanz
Universidade Laboral ‘Crucero Baleares’
«El conjunto de pabellones, aulas, talleres y residencias se articulan a través de corredores cubiertos. La brillante modernidad que exhibe esta obra se refiere a sus formas, a la organización del conjunto y a su racionalidad constructiva y funcional» Fernando Agrasar