Obras de 1990

Estadio Multiusos de San Lázaro | Andrés Fernández-Albalat Lois

Estadio Multiusos de San Lázaro

O Estadio de San Lázaro, realizado por Andrés Fernandez-Albalat no ano 1993, é o maior estadio deportivo de Compostela. Está situado no barrio de San Lázaro, moi próximo á autopista AP-9. Este campo de fútbol ten un aforo para 13.000 espectadores sentados e o campo de xogo é un rectángulo de 107 x 68 metros. Conta tamén con pistas para atletismo.

xoan xxiii | viaplana piñon | compostela | 1994 | marquesiña

Reordenación da avenida Xoán XXIII

«Los montes que circundan Santiago nos enseñan que sus formas, leves y romas, se encuentran mal ocultas bajo las piedras de la vieja ciudad. Si entramos por Xoán XXIII las vemos asomar, no sin esfuerzo, entre las rúas Nova y Vella, y bajar, con más de un tropiezo, hasta el río del fondo. El proyecto se ha limitado a recuperar las naturales formas de siempre»
Albert Viaplana e Helio Piñón

Centro de Saúde Os Mallos | Noguerol Díez | Adrián Capelo Cruz

Centro de Saúde Os Mallos

No intre no que Alberto Noguerol e a Pilar Díez reciben o encargo de proxectar un centro de saúde á beira da avenida de Arteixo, na Coruña, a trama urbana na que hoxe se inscribe era difusa e non se atopaba consolidada. Deste xeito debuxaron un paralelepípedo de formigón armado lixeiramente elevado, volcado cara tres patios interiores de tal modo que o centro de saúde se pechaba a un exterior duro e indeterminado.

Concello de Cangas | Alberto Noguerol | Adrián Capelo

Concello de Cangas

«No soar antes ocupado polo cuartel da Garda Civil, de dimensións 45×15, tiñamos que resolver o programa do concello, policía municipal, oficina de correos, oficina de emprego e xulgado. Todos debían ter acceso directo polo andar 0. Coa estrutura terminada, parada durante anos ata que, de súpeto, xurde a posibilidade de rematala, cambian as necesidades que deron orixe á forma sen que poda ser alterada» Noguerol + Díez

Top