Tratei o tema sen ningún prexuízo formal. O resultado marcadamente orgánico do edificio foi enxendrado por todo o conxunto de datos rexido, inevitablemente, pola propia intuición estética. Ata tal punto produciuse este resultado que algúns mimetismos fortuítos funos descubrindo a posteriori e outros tivéronmos que destacar, tales como o que forma o bloque que pecha o oco do ascensor e envolve os principais condutos verticais das instalacións, verdadeira columna vertebral que, ao final, desenvolve na cabeza que contén as maquinas, as depuradores de fumes, e depósito de auga…
Este edificio de formas cilíndricas proxecteino com muros de antepeito de formigón armado. As súas longas superficies curvas fixéronme temer afundimentos ou a necesidade de establecer xuntas de dilatación que non desexaba. As dificultades derivadas da execución de encofrados com bordos de dobre curvatura tamén me impoñía. Por outra parte la deficiente posta en obra de formigóns por máis que un insistise na súa corrección, tamén me inquietaban. Así as cousas, novamente apareceu no meu pensamento as “pastas” nos paramentos como solución.