«Plataformas, corredores, paseos, miradoiros e casetas concéntranse en pezas de madeira. Como marco, o Océano Atlántico»
Iago Seara
Casa Circular en A Barcela
É unha zona fortemente batida por ventos dominantes do Noroeste, de aí que a casa adopte forma cilíndrica, co fin de protexe-lo patio Sur, o que se abren as súas dependencias. A construción é polo tanto un muro circular de 10 metros de radio.