«A preocupación urbanística, a compactidade volumétrica exterior, e a dialéctica interior-exterior son os aspectos máis notables do proxecto» César Portela
Centro para autistas e psicóticos adultos
A concepción xeral do proxecto apóiase na aceptación da acusada topografía do terreo, como condicionante de ordenación do conxunto así como na implantación do centro nas cercanías dun núcleo de vivendas tradicional, disgregadas e de crecimento e ordenación e ordenación anárquica. A concepción é unitaria, a pesar da necesidade de diferenciación dos distintos elementos do conxunto.
Ampliación do Cemiterio Municipal de Ponte Caldelas
A ampliación do Cemiterio Municipal de Ponte Caldelas trátase dun xogo de volumes, de cheos e de baleiros, xerando espazos de estancia.
Urbanización a Fox
Urbanización de vivendas acaroadas e apartamentos sobre a foz do Lagares. O proxecto establece unha intelixente disposición en espiña de peixe e en bancada que permite un dominio da paisaxe de cada unha das vivendas.
Centro de saúde de Domaio
O edificio crea un espazo intermedio constituído polas ramplas e plataformas de acceso, e distánciase da cota do peirao ocupando o seu propio plano ao elevarse, buscando matizar as súas relacións.
Colexio Losada
El proyecto se sustenta en dos aspectos fundamentales; el social, objetivo para el cual el cuidado en la atmósfera, la flexibilidad, la riqueza espacial y ambiental de los espacios de recorrido se ha potenciado al máximo; y otro, el que la construcción, constreñida en un exiguo presupuesto, explote todas las posibilidades que ella misma ofrece para definir y construir espacios
Parque da Riouxa
Parque de 60 hectáreas na parroquia viguesa de Teis. Destacan a pérgola e o anfiteatro con referencias clásicas propios da arquitectura postmoderna da que Bofill era un dos principais representantes.
Restauración da igrexa de Sabucedo e a súa contorna
Restauración da igrexa de San Lourenzo, en Sabucedo, e a súa contorna onde se atopaba o curro tradicional onde se celebraba a festa da ‘rapa das bestas’ declarada festa de interese internacional no 2007.
Escola de formación pesqueira
«Entráñanse a imaxe das antigas salgueiras e conserveiras, próximas ao mar, coas súas paredes sobre as rochas, integrándose nelas, e nembargantes cunha definición forma precisa e clara, provocada pola súa planta rectangular e os seus grandes tellados inclinados» Pascuala Campos
Bloque de vivendas na rúa Gondomar
‘En Pontevedra, como en moitas partes de Galicia, a arquitectura ten unhas características perfectamente definidas: xanelas a rentes, por poderosas razóns ancestrais, e galerías, por outros motivos ancestrais. Non hai nin unha parvada na arquitectura galega popular, nin sequera na urbana’ Alejandro de la Sota