Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia
Obra: | Pousada xardín de Ribadumia |
Arquitecto: | Mauro Lomba |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Ribadumia |
Ano: | 2010 – 2012 |
Xeolocalización: | 42.514425, -8.760487 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
maurolomba.com tectonicablog.com stone-ideas.com | ||
Descripción do proxecto: | ||
«A Pousada de Ribadumia proxectouse e construíu dentro do conxunto de actuacións denominada “Pousadas Jardín: Creación dun produto turístico” da Deputación de Pontevedra. O proxecto sitúase no concello de Ribadumia, bisbarra do Salnés, provincia de Pontevedra. A zona é característica polo seu clima atlántico, a riqueza das súas rías e a paisaxe de parras para o cultivo do viño albariño. O conxunto da Pousada fragméntase para crear espazos verdes entre os volumes e adaptarse á presenza de árbores e ás diferentes escalas rurais das edificacións do ámbito. O bloque dos servizos comúns elévase en planta primeira, para crear un acceso cuberto en planta baixa e continuar a escala da casa parroquial adxacente. Tómase como referencia a escala pequena dos muíños ao longo do Umia para os módulos dos cuartos que se van xirando segundo a óptima orientación e vistas, para crear un patio que funcione como espazo exterior privado. A auga discorre por este, como un regato máis, mentres que a vexetación tapiza os espazos abertos. Galicia é unha gran rocha, auga e vexetación. Entre os diferentes módulos, comunicándoos, discorre unha galería acritalar que recorda aos camiños emparrados galegos, actúan como un colchón térmico, ventilación cruzada en época estival e efecto invernadoiro en inverno. A pedra das pastas graníticas dos viñedos do Salnés trasládase ás fachadas xerando ritmos dende o interior e dende o exterior, de luces e sombras, de vistas, de privacidade, de control solar. A pedra utilizada é granito de gran fino procedente da canteira de Lalín. Tras cortar as pezas principais ábrense en dous polo sistema de “rachado de forma que cada pasta granítica rompe cunha orografía e textura diferente, cada peza se fai única e o conxunto de todas proporciona unha visión que se enriquece coas luces e sombras da súa propia volumetría» Mauro Lomba | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
Adrián Capelo | ArquitecturadeGalicia | ||
Planos: | ||
Xentileza de Mauro Lomba |
Pingback: 99 Candidaturas - Arquitectura de Galicia Revista