
Fernando Blanco Guerra
Obra: | Praza e monumento Nós |
Arquitecto: | Fernando Blanco Guerra |
Provincia: | Ourense |
Localidade: | Campus das Lagoas, Ourense |
Ano: | 1996 – 1997 |
Xeolocalización: | 42.344,-7.851 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Obradoiro 28 | COAG 2000 | ||
Información na rede: | ||
fernandoblanco.coag | ||
Descripción do proxecto: | ||
«Fernando Blanco enfróntase ao proxecto dunha praza e dun monumento no campus da universidade de Ourense co anceio de territorializar un sitio. Entendendo que co proxecto fai determinado o indeterminado, lánzase á aventura de crear un lugar que represente as raíces de Galicia. O monumento xorde ao materializar a palabra Nós, e apaixonadamente resolve os seus sentimentos e as súas conviccións. A memoria do proxecto é unha fermosa descrición do impulso inicial. No lugar representase Galicia, pero quérese ir máis lonxe, todo proxecto nalgunha medida busca o universal e o imposible, quérese representar o mundo. A paixón e a intuición enlazan as ideas, asócianas ás diversas materias e condúcenos a unhas formas. Xa non podemos falar da forma como resultado ou da forma como pretexto, ela, na súa realidade tanxible, descóbrenos aspectos do misterio da súa orde e queda aberta ao noso sentir. Os debuxos non son relevantes, é o resultado entendido como materia manipulada, coa súa orde interna, e a imposta polo creador que a enche de enerxía, provocando tensións e equilibrios, en definitiva, suxestións» Manuel Gallego [en Obradoiro 28] | ||
Reportaxe fotográfica: | ||
Planos: | ||
[nggallery id=328] |