Primeiro Premio
Accésits
- Vivenda unifamiliar en O Quinteiro, Nigrán, por José Luis Quintela Porro e Mónica Díaz Rodríguez
Acta final do xurado
«Ás 22 horas do 19 de xullo reúnese o xurado en Gondomar, integrado polas seguintes persoas:
Presidente | Celestino García Braña |
Secretario | Enrique Sáez Ponte |
Vocais | Xosé Manuel Casabella LópezManuel Caamaño Suárez Salvador Fraga Rivas Francisco Xavier Seoane Rivas Gonçalo Byrne |
Asemade asiste Isabel Aguirre de Urcola, como directora da Escola Galega da Paisaxe.
Durante o día, visitáronse as cinco vivendas unifamiliares que foran seleccionadas na primeira reunión do xurado o 28 de xuño. Tamén se visitou unha sexta en Gondomar, respecto a cal había dúbidas sobre incluíla ou non como candidata a ser visitada.
O Xurado fai unha detida valoración limitada ás cinco obras seleccionadas inicialmente e procede logo a un prolongado debate, tralo que aproba por unanimidade o seguinte:
- Conceder o Premio Juana de Vega de Arquitectura para vivendas rematadas no ano 2009 ao arquitecto José Carlos Seoane González pola súa obra sita na Urbanización «As Galeras» Rua Antonio Maceo, 5 – Lians, Oleiros. O xurado quere salientar a complexa integrazón da casa no espazo no que se sitúa: un solar en descenso cara ao mar, cunha extraordinaria vista sobre a baía da Coruña e con importantes limitacións de normativa local e de costas. Aprovéitanse ben estas circunstancias para situar con discreción unha vivenda de notables dimensións. Gran parte da matizada perspectiva que ofrece cara á fachada principal débese á gran pérgola de formigón, que cubre e da unidade ao acceso e, ao mesmo tempo, facilita luz ao patio interior mediante un oco circular. Aínda que en algún elemento concreto recórrese a un excesivo formalismo, resaltan as coidadas solucións de deseño que artellan os espazos nos tres niveis do inmóbel.
- Conceder un accésit aos arquitectos José Luis Quintela Porro e Mónica Díaz Rodríguez, polo seu proxecto realizado en O Quinteiro, Nigrán. Destaca a solución exterior simple, que agocha unha sección complexa. O nivel inferior, illado do superior e de concepción moi eficaz, descorre por baixo da terraza da piscina e se reserva para as actividades de lecer. O conxunto transmite unha idea de contención concisa e bon uso dos materiais, aínda que amosa unha excesiva compresión de algún espazo e coloca a cheminea en lugar afastado
- O xurado quere reflectir, como finalistas destacados, o valor de dúas vivendas situadas en zonas urbanas. Ambas representan un camiño axeitado para recuperar e por en valor tecido urbano deprimido.
Entende o xurado que esta é unha actividade que compre potenciar e que vai representar un desafío e, ao mesmo tempo, unha oportunidade para os arquitectos nos vindeiros anos.- A primeira das obras, da arquitecta Patricia Montes Andrés, sitúase no barrio de Canido en Ferrol. É unha intervención de calidade, que aporta unha peza de arquitectura actual nun vello barrio ferrolano, bastante deteriorado. Destaca pola modernidade das solucións elexidas. A vivenda, de tres
plantas, ábrese cara a un tranquilo xardín posterior, presidido por unha gran nogueira. A branca casa ofrece moita luz en todos os espazos, ben concebidos para adaptárense ás necesidades dos donos. - A segunda, da arquitecta Helena Mosquera García, é unha obra de recuperación dun edificio protexido situado no casco histórico de Betanzos. O traballo realizado é un bon exemplo de como un coidado deseño pode adaptar un espazo e unha fachada predeterminadas a solucións interiores complexas, luminosas e flexíbels. A delicadeza e precisión da obra realizada amósase no tratamento da madeira, moi presente en toda a casa.»
- A primeira das obras, da arquitecta Patricia Montes Andrés, sitúase no barrio de Canido en Ferrol. É unha intervención de calidade, que aporta unha peza de arquitectura actual nun vello barrio ferrolano, bastante deteriorado. Destaca pola modernidade das solucións elexidas. A vivenda, de tres