Primeiro Premio
Accésits
- Vivenda en Sabugueira do Carballal, Santiago de Compostela, por Óscar e Iván Andrés Quintela.
- Vivenda unifamiliar aislada, Poio, por Pablo Menéndez Paz.
Acta final do xurado
«Tras visitare durante o día as obras preseleccionadas na reunión anterior de 15 de xullo, ás 19:20 horas, na cafetería do aeroporto de Lavacolla, reúnese o xurado composto polas persoas que a continuación se citan:
Presidente | Jorge Duarte Vázquez |
Secretario | Enrique Sáez Ponte |
Vocais | Xosé Manuel Casabella López Manuel Caamaño Suárez Salvador Fraga Rivas Francisco Xavier Seoane Rivas Gonçalo Byrne |
Asiste tamén Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe.
Realízase unha detida análise da información, con amplo intercambio de impresións, e acórdase:
- Conceder o Premio Juana de Vega de Arquitectura na presente edición ao arquitecto Antonio Pernas Varela pola vivenda situada en Bergondo (Aldea de Arriba). O xurado valora especialmente un compacto deseño, dotado de alta eficiencia enerxética que se inxire con naturalidade e engade calidade visual ao espazo próximo, caracterizado pola proliferación de vivendas illadas e pequenos grupos de casas, perto dun gran polígono industrial. Destacan a distribución ben organizada con alternativas de mobilidade exterior e interior e o bo criterio no emprego dos materiais (madeira, placas de formigón prefabricadas e aceiro galvanizado), elementos que contribúen a unha harmoniosa relación entre a casa e o xardín.
- Conceder dous accésits:
- Aos arquitectos Óscar e Iván Andrés Quintela pola súa obra nas proximidades de Lavacolla (Sabugueira do Carballal). Unha vivenda sinxela, feita con medios moi limitados, que parte dunha axeitada colocación sobre o terreo dispoñíbel. De costas á estrada ábrese a un reducido xardín a través dun amplo espazo cuberto feito de madeira de eucalipto. A cuberta tradicional de tella a dúas augas protexe o mundo interior artellado ao redor da cociña, como é habitual no medio rural, e deseñado para permitire a vida dunha muller con graves minusvalías. A forma e o remate cromático enriquecen o entorno rural, próximo ao Camiño de Santiago, que amosa, na súa derradeira etapa, deficiencias estéticas graves.
- Ao arquitecto Pablo Menéndez Paz pola súa obra na Caeira, asentada nun solar con forte gradiente, pero orientado ao sul e con espléndidas vistas sobre Pontevedra e a desembocadura do Lérez. O panorama é resaltado pola eficaz concepción da edificación, que se abre ao exterior e aproveita a pendente para estruturar en chanzos os espazos centrais (salón, comedor, cociña) tras grandes xanelas. A fachada posterior, sobre a rúa de acceso, é máis opaca e protexe as costas dunha edificación ben concibida.
- Resaltar, como finalista destacada, a obra de rehabilitación da arquitecta Estefanía Vázquez Müller e Roi Feijoo Rei na Rúa da Liberdade de Ourense, en pleno casco histórico. Valora o xurado a boa solución lograda para integrare os dous corpos da casa, un antigo e outro engadido posteriormente con escaso criterio e o elegante deseño xeral do edificio, recuperado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para vivenda de aluguer destinada a persoas con baixos ingresos.
Santiago a 12 de Setembro do 2011″
Pingback: Viven en Aldea de Arriba | AG
Pingback: Vivenda en Sabugueira do Carballal | AG
Pingback: Casa A Caeira | AG