12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando...

Rehabilitación edificio Elduayen 2 Vigo

Rehabilitación edificio Elduayen 2 Vigo Rafael M. Cabeza Rey-Stolle, Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza

Rafael M. Cabeza Rey-Stolle, Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza

Obra:Rehabilitación edificio Elduayen 2 Vigo
Autoría:Proxecto básico de rehabilitación | Rafael M. Cabeza Rey-Stolle

Proxecto de recuperación de uso vivenda | Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza

Proxecto de execución e dirección de obra | Santiago Castro Paz e Francisco Javier Mariño Mendoza

Arquitecto técnico | Rafael C. Valle González

Provincia:Pontevedra
Localidade:Vigo
Ano:2015
Xeolocalización:42.23817,-8.72604
Outros Datos:
Premios:
Gañador | Gran de Area | 2016
Publicacións:
Información na rede:
Descripción do proxecto:
«1. Recuperación da fachada.
Volta dos vanos de planta baixa ao seu estado orixinal, así como a eliminación da marquesiña, aplacados e demais elementos estraños á fachada. Limpeza da pedra e tarefas de conservación de varandas. Eliminación de materiais engadidos e substitución por carpinterías de madeira. Substitución dos elementos voados, cerrados en ladrillo polas galerías de madeira e vidro orixinais, recuperando o remate do proxecto orixinal de Jenaro de la Fuente no ático á rúa Elduayen. Consérvase e rehabilítase a escaleira orixinal de madeira.

2.Realce do alzado á Porta do Sol.
Debido a esa acentuada posición axial do edificio e co propósito de mitigar o efecto producido pola recente ampliación das medianeiras veciñas que desproporcionan ata o ridículo a escala do inmoble, proponse un remate no baixo cuberta inspirado no elemento compositivo predominante dos falsos arcos escarzanos e linteis. Neste caso materialízanse en zinc, enmarcando un gran oco que remata o fronte da Porta do Sol. Entre canelón de zinc que recolle a cuberta e o remate pétreo do edificio aparece a galería do ático proxectada por Jenaro de la Funete. O resto resólvese cunha fachada ventilada de taboleiros de madeira de cedro dispostos horizontalmente, excepto onde aparecen novas fiestras para o ático que se dispoñen transversalmente a modo de lamas, matizando a luz no interior e provocando mediante sombras a lectura deste novo oco dentro da orde compositiva definida no alzado da rúa Elduayen.

3. Dignificación do lucernario sobre as escaleiras.
Mediante un oco alargado na planta e sección que ensanchado abaixo, co seu perfil en pescozo de botella, xera un agradábel efecto de luz.

4. Recuperación do uso de vivenda.
Recupérase o uso orixinal de vivenda nas plantas do edificio. A escasa dimensión do edificio, a súa forma e a posición da escaleira condicionan de forma significativa o deseño das vivendas. Cada planta do edificio corresponde a unha vivenda organizada nun espazo único, respectando a localización orixinal da zona de baño. Abertas á Porta do Sol e a Praza da Princesa, as vivendas gozan de magníficas vistas e o mellor soleamento.«

Rafael M. Cabeza Rey-Stolle, Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza

Reportaxe fotográfica:
Rafael M. Cabeza Rey-Stolle, Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza
Planos:
Rafael M. Cabeza Rey-Stolle, Santiago Castro Paz, José Antonio González González e Francisco Javier Mariño Mendoza

12345 (2 votos, promedio: 4,50 de 5)
Cargando...

Related posts

*

Top