Obra: | Rehabilitación de vivenda para Melania e Xoaquín |
Arquitecto: | Carlos Graña Arquitectos |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Ferrol |
Ano: | 2016 |
Xeolocalización: | 43.4844,-8.2365 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
http://arqsea.com/vivenda-y-oficinas-para-mela-y-xoa-ferrol/ | ||
Descripción do proxecto: | ||
«A rehabilitación desta estructura do século XIX de catro plantas no barrio da Magdalena en Ferrol, centrouse na idea de preservar a maior cantidade de elementos orixinais. A escaleira atopábase nun estado no que costaba decidir se pagaba a pena conservala ou non. O mantela creou un elemento de conexión entre todas as plantas que ademáis mantiña o espírito orixinal do edificio. En canto entras, ole á madeira de castaño e aceite de linaza; a luz cálida e indirecta envolve todos os espazos. A paleta de materiais redúcese para remarcar a importancia das preexistencias. As madeiras tratadas ó aceite están tanto nas vigas antigas como na fermosa escaleira que espimos mostrando unha estructura que non foi pensada para ser vista, pero que é digna diso. Abrimos ocos entre os trasdosados a través dos que se pode ver a historia do edificio, como a ampliación realizada con ladrillo de carga. O programa é moi sinxelo: na planta baixa atópanse as oficinas dos propietarios, a planta primeira é a zona de noite para eles e para os seus dous fillos, que disfrutarán dende os seus dormitorios do cheiro do azahar da laranxeira que plantamos no patio. Decidimos dedicar toda a planta segunda e o baixo cuberta a un espazo aberto en planta e sección, creando unha zona de día diáfana e luminosa, procurando potenciar a relación e a comunicación dos membros da familia; o máis importante que debe dar a arquitectura. Tiñamos a responsabilidade de preservar a arquitectura tradicional e dignificar todo o que estaba en bon estado deste pequeno edificio do século XIX de Rodolfo Ucha: a estructura de madeira existente, a escaleira e os muros medianeiros de pedra que deron a alma á vivenda. En resumo, este proxecto de rehabilitación procura o máximo respeto ó existente, honrado os materiais, invertindo e apostando polo benestar do fogar a través dos sentidos, pola sinxeleza e a sinceridade.» | ||
Reportaxe fotográfica | ||
Planos: | ||