
Consello da Cultura Galega
| Obra: | Sanatorio Neurosiquiátrico «El Pinar» |
| Arquitecto: | Xosé Bar Bóo |
| Provincia: | Pontevedra |
| Localidade: | Meixoeiro, Vigo |
| Ano: | 1965 |
| Xeolocalización: | 42.220482, -8.681406 |
| Outros Datos: | ||
| Recoñecemento: | ||
| Catalogado como Ben Cultural polo PXOM | ||
| Publicacións: | ||
| AGRASAR QUIROGA, Fernando | Guía de Arquitectura de Vigo. 1930 – 2000 | COAG 2003 GARRIDO Fenés, Alicia | La Obra de Xosé Bar Bóo | Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2000 VV AA | Xosé Bar Bóo, arquitecto | COAG 1996 Obradoiro 17 | COAG 1990 Xan Casabella | Intenciós na arquitectura de Xosé Bar Boo | Boletín Académico. UDC 1986 | ||
| Información na rede: | ||
| docomomoiberico.com | ||
| Descripción do proxecto: | ||
| «O Neurosiquiátrico «El Pinar» supón un novo experimento na carreira de X. Bar en canto ao uso de materiais, o emprego de ladrillo cara vista. A ubicación singular e o programa posibilitan unha arquitectura esencialmente volumétrica e sen os condicionantes urbanos das outras obras importantes. Aquí a arquitectura enfróntase directamente coa natureza e X. Bar vai dar renda solta a todas as súas inquedanzas nese campo. O edificio confórmase en dúas partes claramente diferenciadas nos materiais. Un basamento de pedra/formigón que integra o edificio no seu entorno e un corpo de ladrillo cunha composición prismática de caracter ascendente. O obxectivo do conxunto sería conquerir unha silueta quebrada que negara a posible figura singular que a enorme masa a construir poderia provocar na ladeira do monte. Ao mesmo tempo posibilita a súa vocación integradora na escalonada conformación da paisaxe ondulada. A disposición das masas resólvese, nas costas do edificio como un xogo aditivo de prismas en composición ascendente. A idea de masa compacta é acentuada aquí pola disposición «anárquica» dos irregulares e pequenos ocos. Pola contra, o frente do edificio (que non corresponde curiosamente co acceso) ábrese regular e xenerosamente sobre a cidade de Vigo. Os límites do espacio interior procúranse facer indefinibies prolongando éste no exterior a través de amplas zonas de transición e vicevesa. Aparecen así numerosos pequenos espazos ambivalentes moi propios da arquitectura tradicional galega como són porches, galerias, etc. En algunhas partes deste edificio nótase a lectura atenta das obras de Alvar Aalto, sobar todo do Concello de Saynatsalo,influencia que atopamos por primeira vez nas obras de X. Bar.» Xan Casabella en Boletín Académico. UDC 1986 | ||
| Reportaxe fotográfica: | ||
| – | ||
| Planos: | ||
| Consello da Cultura Galega | ||

