Obras de 1974

Oficinas e nave de VITRASA

«O encargo dun edificio para albergar oficiña e talleres para a empresa Viguesa de Transporte S.S., foi afrontado por Xosé Bar, en colaboración con César Portela e outros arquitectos, como a ocasión para introducir novas ideas arquitectónicas que cuestionaban algúns dos máis importantes valores modernos. O edificio de VITRASA privilexia unha fachada frontal, introducindo valores e reflexións sobre a capacidade arquitectónica de significación monumental, además de expresar unha vontade dun edificio de uso insutrial e administrativo, solucionado con elementos prefabricados de formigón».

edificio banco simeon | deisderio pernas | vigo 00

Edificio Banco Simeón

A través de grandes xardineiras deseña unha obra na que o xardín forma parte da fachada e cuxa composición volumétrica respecta aos edificios lindeiros. Seguindo coa linguaxe postmoderna, o edificio está fragmentado en diversos sólidos suspendidos que ancorados nos seus soportes reivindican dalgunha forma a súa autonomía.

Top