Obras de Alfredo Sirvent

Rehabilitación no casco vello de Vigo | Alfredo Sirvent | XIV Premios COAG Rehabilitación

Edificio no casco vello de Vigo

Edificio no casco vello de Vigo

O proxecto responde á necesidade de rehabilitar un inmoble na cidade vella de Vigo, dotándoo de dúas vivendas e un local comercial, resolvendo os requisitos construtivos e estruturais dos que é deficitario e limpando aqueles elementos engadidos que carecen de interese e desvirtúan a arquitectura herdada a conservar.

A solución formulada parte da conservación dos muros medianeiros e fachada do inmoble así como dos elementos protexidos e xera unha nova ampliación na última planta. O obxectivo será buscar unha boa transición entre o edificio lindante (co seu engadido excesivo) e o resto das cubertas próximas, mediante un mecanismo de fragmentación volumétrica.

Top