«Los edificios aunque independientes, se plantean como un conjunto. Atendiendo a su disposición secuencial, se perfilaran en lo alto como elementos pétreos y prismáticos en donde la repetición se matiza con pequeñas diferencias de forma y volumen» Manuel Gallego
Laboratorios no campus de Lugo
O edificio descomponse en dous volumes nun terreo de gran desnivel. Un volume inferior de acceso pola cota baixa e próximo á facultade de ciencias, de manifestación masiva serve de para resolver a diferenza entre a parte baixa da parcela e a cota da rúa superior. O volume superior, e representativo do proxecto, é un elemento de forma branda e sensual, unha planta sinuosa extruída en vertical revestida de aluminio.
Escola infantil no Hórreo
A rúa interior é un gran espazo que articula todo o proxecto e que se converte nun espazo festivo e de uso en momentos de mal tempo. As aulas motivan a imaxinación dos nenos, xa que as paredes son soporte de todas as transformacións que as educadoras e os nenos poidan facer, onde pegar e colgar cousas non será un problema, senón unha virtude.
Reposición do CEIP «A Lomba»
Arquitecto:Victor Hermo Iglesias
Provincia:Pontevedra
Localidade:Vilagarcía de Arousa
Ano:2007
Descripción do proxecto:Partiendo de un esquema regular funcional de un edificio a dos aguas con corredor central y aulas a ambos lados, el volumen se desestructura. Mediante deslizamientos en la dirección longitudinal del edificio se alcanzan mejores condiciones de soleamiento y ventilación
Ampliación da escola de telecomunicacións e escola de enxeñería de minas
«A síntese formal levada a cabo no edificio devén dun traballo de condensación programática no que as necesidades de cada centro estrutúranse en catro usos fundamentais: aulas, laboratorios, despachos e servizos comúns. Foi posible así materializar cada un nunha peza lineal» César Portela
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
«A topografía como molde, a especialización funcional como xeradora das formas e a rúa corredor como conector e vertebrador de todo».
Alfonso Penela.
Reitoría da universidade de Vigo
«As fachadas compóñense de formigón cuxa textura faise eco da descomposición do granito de Mondariz colgado de perfís metálicos e carpinterías de carballo en forma de T, coa parte superior do granito elevándose por enriba do perfil da cuberta» EMBT
Facultade de filoloxía e traducción
O arquitecto Desiderio Pernas proxectou os edificios seguindo o modelo de campus norteamericano, concretamente o ITT de Chicago no que estudou. Diferentes pavillóns que desenvolven o programa nun espallamento horizontal. Busca unha escala edificatoria próxima, de pezas conectadas.
Universidade Laboral de Vigo
A última das universidades laborais do estado foi proxectada polo arquitecto galego José Antonio López Candeira. Coa estratexia de pavillóns conectados por pasos cubertos logra manter una unidade funcional, mentres que cada peza resólvese con diferentes formalizacións e cotas. A modo de “contedores eficientes” trata de responder a cada función individualmente.
Universidade laboral de Ourense
«En una de las primeras reuniones en el estudio, Julio esbozó un esquema lineal que rodeaba el bosquecillo y ahí nació el proyecto»
Jose Manuel Sanz