Obras de Javier Estévez Cimadevila

Pavillón polideportivo na Zapateira | Javier Estévez Cimadevila e José Antonio Vázquez Rodríguez | Adrián Capelo

Pavillón polideportivo na Zapateira

Pavillón polideportivo na Zapateira

O proxecto para o Pavillón polideportivo no Campus da Zapateira lémbranos que existen outras formas de traballar con materiais tradicionais. Afincado nunha parcela cun forte desnivel, Javier Estévez e José Antonio Vázquez dispoñen tres muros de ladrillo en ménsula formando plegaduras que van reducindo o seu espesor cara a parte superior. No seu remate descansa unha malla tridimensional formada por módulos apilabéis de barras de madeira laminada tubulares que non pecha o recinto senón que só o delimita. O desnivel permite a creación dun paso a outra cota que permite por un lado o acceso ao resto de dependencias do pavillón e polo outro o disfrute do evento que estea tendo lugar nese momento.

Top