Obras de Luz Paz

Construcción auxiliar a escola habanera | Luz Paz Agras | XIV Premios COAG Accésit Baixo Coste

Construcción auxiliar a escola habanera

Construcción auxiliar a escola habanera

Este proxecto foi construído como anexo ao edificio da Escola Habaneira de Roupar que, na actualidade, é usada como local sociocultural da asociación de veciños.

Intervir sobre un edificio de gran valor patrimonial, como é este caso, obriga a unha reflexión previa sobre a necesidade da actuación.Roupar é un núcleo rural que forma parte das máis de trinta mil unidades deste tipo que estruturan o territorio galego. Na actualidade, o rural encóntrase inmerso nun proceso de crise provocado fundamentalmente polas dificultades que atravesa o sector produtivo agrario e gandeiro, en función do cal se estruturou tradicionalmente. Neste sentido, os cambios de uso do territorio levan consigo a aparición de novas necesidades, máis propias do urbano, como a dotación de equipamentos, non só docentes e asistenciais, e a creación de espazos públicos.

Top