Obras de museo

AG | MUSEO

Museo de Historia Natural de Galicia

«Queríamos que la presencia de este edificio fuera semejante a la de un pequeño animal que un día hubiera entrado en esta finca-parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, hubiera elegido “su sitio” junto al rio que la bordea, y allí, aposentado sobre el terreno, hubiera crecido hasta alcanzar su actual tamaño, desarrollando y articulando sus nítidas y peculiares formas».

AG | San Roque

Centro Arqueolóxico de San Roque

O novo museo sitúase en relación ao xardín e a capela de San Roque, pertencente ao barroco galego e obra de Ferro Caaveiro, no 1732. A construcción do museo ten a súa orixe no achado duns importantes resto arqueolóxicos a carón da igrexa: unha piscina ritual romana, tumbas e un forno. Estes restos sitúanse por debaixo da cota do xardín, polo que o proxecto procurou a creación dunha plataforma horizontal capaz de cubrir os restos e definir un espazo público sobre os propios restos con acceso directo dende a rúa. Este cofre de pedra encerra trata de recuperar o carácter máxico dos restos encontrados iluminándoo con luz cenital

Centro Galego de Arte Contemporáneo | Álvaro Siza | Santiago de Compostela

CGAC

«O CGAC concentrou todo o seu programa nun edificio unitario que non rompe, dende o meu punto de vista, o contorno histórico onde está construído, aínda que é un edificio necesariamente forte, representativo, un novo instrumento para a dinamización cultural da cidade» Álvaro Siza

MARCO

«A intervención interésase pola tipoloxía do edificio e a súa integración na estrutura urbana; constitúe unha relectura contemporánea da súa arquitectura e as súas leis xeométricas e de composición»
Fraga, Quijada e Portolés

Casa das palabras

Nesta suma de espazos diversos concatenados entre sí, o visitante pode disfrutar do espazo público, e de todos, ó tempo que toma contacto coa súa língua e coa do seu pobo. Pero tamén ten a posibilidade de encontrar o seu propio espazo, o seu sitio, a súa intimidade, ó tempo que atopa a palabra e a dota dun significado propio.

Centro de Interpretación en San Cibrao de Las

O centro é un dos catro que constitúen a rede galega de Patrimonio Arqueolóxico. Sitúase como un primeiro cinturón do castro, a modo de límite físico, e plantéxase como unha nova entrada. Actúa como pantalla visual desde o xacemento. As intervencións no contorno encamínanse á recuperación do estado orixinal. A súa fragmentación busca o encaixe no terreo.

Top