A construcción do pequeno museo da Colexiata xurde como a necesidade de crear un lugar digno e seguro para garda-las xoias (cofre de seguridade) e con posibilidades de ser visitado. As súas dimensións obrigan a unha proximidade nos detalles e a unha escala de certa intimidade, que se complica coa búsqueda da unidade e continuidade espacial do recinto. A dificultade para ubicar a escaleira, suxire a transformación do propio museo en escaleira. Matízanse as diferencias funcionais (acceso, antesala e o propio museo) e espaciais no que se vai conigurando. A escaleira-museo vai adquirindo diferentes tratamentos a través da luz, pavimentos, paramentos, cor e detalles de varanda para potenciar estas ideas. Na fachada resalta este carácter unitario. Utilizase como elemento de concordancia co que lle rodea, a mesma idea do proceso constructivo de fachada, é dicir, elementos acristalados, recercados, de xambas pétreas, que á súa vez enmarcan elementos cegos brancos
Domus (Casa do home)
«O encontro do edificio co macizo rochoso preexistente confíase a unha serie de espazos de diversa funcionalidade, como son o baluarte, a praza, a escalinata, os bancais…»
César Portela
Fundación Luis Seoane
«Aprovéitanse as trazas do edificio existente, co seu patio aberto como referencia central de toda a proposta, creando recintos axeitados de exposición e actividade, establecendo estreitos vínculos entre todos eles, o seu ámbito inmediato e o espazo público da cidade» Creus e Carrasco
Casa Museo de María Pita
Arturo Franco Taboada conforma, na rehabilitación para a Casa Museo de María Pita, un espazo expositivo cambiante a través da disposición de volumes exentos no interior da antiga envolvente. Frente a aparente complexidade, estas formas presentan ocos que permite ver o que sucede noutras salas, clarificando a comprensión do conxunto.
Sala de exposicións de Bertamiráns
Pequena Sala de exposicións de Bertamiráns, creada no pequeno municipio coruñés preto de Santiago polo estudio Salgado e Liñares. Resolven un pequeno desnivel no terreo, cun proxecto que se mostra coma un volumen puro con pequenos elementos puntuais que non rompen a súa visión de forma completa que alberga unha pequeña sala de exposicións.
MUNCYT Coruña
Gañadores da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo na opción de Arquitectura Xoven. O proxecto sufriu varias modificacións de uso ao largo da súa corta historia, empezou como Centro de Danza e Baile, na actualidade como Museo de Ciencia e Tecnoloxía o museo adáptase a un uso diferente con facilidade debido á calidade arquitectónica e a riqueza espacial da obra. Situado nun dos barrios periféricos da cidad, a formalización exterior é un volume puro con forma cúbica bastante sinxelo, cunha praza previa que permite o acceso dende o interior e deixando a fachada con vistas ao mar na parte traseira.
Museo de Belas Artes A Coruña
Datos básicos Obra: Museo de Belas Artes A Coruña Arquitecto: Manuel Gallego Jorreto Provincia: A Coruña Localidade: A Coruña Ano: 1988-1995 Xeolocalización: 43.37,-8.40 Descripción do proxecto O Museo de Belas Artes A Coruña, sitúase no barrio de Zalatea, preto da rúa Panadeiras, un vacío da cidade a cabalo entre a cidade histórica e a Pescadería…