«A sede da policía sitúase nunha parcela na zona máis alta do Polígono de Fontiñas , un novo barrio compostelán do tamaño do casco histórico da cidade. O edificio aproveita as condicións do terreo, con forte pendiente, para resolver o seu programa con dous volumes contrapostos, un zócolo, nunha única planta, en torno a un patio cadrado, e un prisma rectangular, colocado na parte máis alta do terreo, sobre o edificio – zócolo».