«O proxecto é un conxunto de posibilidades de manexo co granito para converterse en pavimento, límite, banco, escaleira… establecendo unha delicada relación coa gran roca»
Carlos Seoane
Hortas en Caramoniña
«Confiamos en que a resolución dos problemas de accesibilidade, conxuntamente coa actividade proposta, favoreza non só a sustentabilidade da actuación, senón que mellore sensiblemente a calidade de vida da veciñanza» Abalo Alonso arquitectos
Acondicionamento da praza do Seixo
Trázanse unha serie de bandas arboradas seguindo os movementos principais dos peóns. As árbores van definir unhas liñas de sombra baixo as que se porá o mobiliario urbano.
Dúas prazas en Vilanova dos Infantes
«O proxecto que se presenta pretende ser elemental no seu contido e respectuoso coa realidade existente perseguindo a recualificación ambiental do núcleo»
González-Cebrián Tello
Praza do Curro
» A nosa intervención non podría ser neutra, é dicir, debería realizarse coa debida contundencia, co fin de impoñerse á vulgaridade das fachadas. Por fortuna, contábamos coa magnífica proporción do espazo» Salgado e Liñares arquitectos
Acondicionamento das ribeiras do río Sarela
«Unha actuación reurbanizadora, consolidando o itinerario peonil que une o cabo da rúa de Entre Galeras co rueiro de Figueiriñas. O río actuará como soporte paisaxístico e límite desta actuación»
X. L. Pérez Franco
Rehabilitación da Casa Reitoral do Mosteiro de san Xusto de Toxosoutos
«Las obras realizadas comprenden, además de la creación de un nuevo cementerio, prácticamente terminado y la restauracion de la iglesia, la rehabilitación de la casa rectoral y del edificio anexo, para destinarlo a albergue»
Carlos Meijide Calvo e Francisco Vidal
Remodelación do porto de Corme
«Formalízase un espazo de referencia para Corme tanto pola singularidade da súa localización como polos usos que acolle; a actividade portuaria e as festas da vila, creándose un espazo de socialización e encontro» ACXT
Reurbanización da contorna da Virxen do Carmen
«Se prioriza el uso peatonal. Se clarifica la sección viaria y se limitan las áreas de aparcamiento. Uso extensivo de la vegetación en el espacio publico»
Francisco Rosell e Roi Salgueiro
Rehabilitación da contorna da praia da Lanzada
«Plataformas, corredores, paseos, miradoiros e casetas concéntranse en pezas de madeira. Como marco, o Océano Atlántico»
Iago Seara