«O encargo dun edificio para albergar oficiña e talleres para a empresa Viguesa de Transporte S.S., foi afrontado por Xosé Bar, en colaboración con César Portela e outros arquitectos, como a ocasión para introducir novas ideas arquitectónicas que cuestionaban algúns dos máis importantes valores modernos. O edificio de VITRASA privilexia unha fachada frontal, introducindo valores e reflexións sobre a capacidade arquitectónica de significación monumental, además de expresar unha vontade dun edificio de uso insutrial e administrativo, solucionado con elementos prefabricados de formigón».
Vivendas para militares
A forma arquitectónica unitaria que estimei máis axeitada para satisfacer os condicionantes programáticos e urbanos foi a do bloque laminar con dúas vivendas por planta e accesos verticais centrados. As tres funcións principais da vivenda están concentradas en espazos claramente definidos: zona de estancia familiar e zona de servizos, e zona de dormitorios ao fondo
Policlínico Cíes
«Tratei o tema sen ningún prexuízo formal. O resultado marcadamente orgánico do edificio foi enxendrado por todo o conxunto de datos rexido, inevitablemente, pola propia intuición estética. Así as cousas, novamente apareceu no meu pensamento as “pastas” nos paramentos como solución». Xosé Bar Bóo
Vivendas na rúa García Olloqui
«Unha preocupación constante pola protección da intimidade das vivendas, tanto dende o exterior como dende o mesmo interior, guiaron a dirección do proxecto. De aí, o extensivo uso de rompe-vistas verticais de madeira que sen impedir as vistas ao mar ou a lugares afastados, non as permiten dende a rúa o de unha vivenda a outra e fan posible o uso da terraza» Xosé Bar Bóo
Xulgados de A Coruña
Arquitecto:Xosé Bar Boo
Provincia:A Coruña
Localidade:A Coruña
Ano:1995
Igrexa parroquial nosa señora das Neves
«As novas directrices para a liturxia, ditadas polo Concilio Vaticano II, posibilitaron unha maior liberdade formal, que Bar Bóo utilizou con auténtico xenio creador»
Fernando Agrasar
Praza de abastos de Gondomar
«Este pequeno mercado está resolto cunha potente idea arquitectónica, mostrando cómo con escasos recursos é posible realizar unha obra duradeira, funcional e fermosa. O mercado está composto por una serie de módulos hexagonais, conectados entre si, construídos con pezas de pedra e formigón e cubertos por una lixeira estrutura metálica, cun único apoio central, a modo de paraugas, que abre as súas baleas ata apoialas no perímetro superior do muro de peche». Fernando Agrasar.
Edificio Plastibar
«o edificio Plastibar marca o momento no que a arquitectura galega retoma o discurso moderno de modo maduro e reflexivo, sinalando o relevo xeracional que abriu unha nova páxina»
Fernando Agrasar
- 1
- 2