Obras de Xosé Manuel Casabella

Novo Auditorio de Ourense

O volume proxectado ten como elemento central, a modo de reclamo, a torre do escenario, a chamada torre de tremoias, que por necesidades técnicas alcanza unha grande altura, dispoñéndose ó seu redor os demais volumes. Búscase no edificio a combinación de eficacia e funcionalidade coa de representatividade, aspirando a ser un dinamizador da cidade e un importante punto de encontro. – turgalicia.es

casa da auga

Casa da auga

Trátase dun complexo deportivo e de ocio , cunha superficie aproximada ós 18.000m2. Entre outras instalacións, ten unha piscina olímpica, un balneario e unha praia artificial, ademais de grandes espazos axardinados, un centro de talasoterapia, locais comerciais e diversos servizos entre os que está prevista unha gardería infantil. As caixas de vidro e os grandes espazos acristalados son los protagonistas do edificio.

Top