Luis Santalla | ArquitecturadeGalicia
Obra: | Unidade Mixta de Madeira |
Arquitecto: | Creus e Carrasco |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | A Coruña |
Ano: | 2009-2011 |
Xeolocalización: | 43.328,-8.408 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Creus e Carrasco Arquitectura 2000-2012 | Biblioteca TC | 2012 | ||
Información na rede: | ||
creusecarrasco.com | ||
Descripción do proxecto: Miguel Picado | Arquitectura de Galicia | ||
Coñecida por moitos, cuestionada por todos, a Unidade Mixta de Madeira responde á necesidade de ampliar as instalacións da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica para a implantación do Plan Boloña. Tras anos de pleitos que intentaban demostrar a súa ilegalidade (finalmente todos foron arquivados), no curso 2013/2014 parece que por fin poderá usarse completamente. O obxecto do proxecto era construir unha serie de aulas e espazos auxiliares entre dos forxados dun aparcadoiro, debido á carencia absoluta de espazos baleiros no entorno das Escolas.Dentro da Unidade atopamos dous espazos claramente diferenciados tanto polos acabados, como pola estructura e o uso.O primeiro espazo, acabado plenamente en madeira, é un voladizo puro cunha estrutura de cerchas formada por tubulares metálicos, que alcanza tres metros de alto, e que posibilita unha liberdade absoluta nos alzados. Exteriormente queda rematado por un tableado de madeira tratada con aceites, mentres que interiormente se combina este tableado con solucións de paneles e tableados moito máis refinadas. O segundo espazo (unha ampliación do proxecto inicial), por contra, ten unha estrutura moito máis sinxela. O volume queda apoiado nunha estrutura de vigas e pilares formada por perfiles metálicos en I. Se repite o xogo compositivo dos hocos de fachada, que intentan mirar á cidade. Interiormente cambia a madeira por teitos, tabiques e solos brancos, quedando un espazo cuxa maior cualidade é a cantidade de luz natural que ten. Moitas grazas a Roi Alonso e a Luis Santalla por compartir connosco as súas fotografías do edificio, e ao estudio Creus e Carrasco por toda a información gráfica que nos permitiron usar da súa web. |