| | A vivenda proxectada para unha parella de biólogos atópase no val do Avia, ao seu paso polo municipio de Boborás. A parcela sitúase no punto mais alto do val, dominando visualmente toda a contorna. A paisaxe está fortemente humanizada, é a paisaxe dos viñedos en bancais tan propia dos vales ourensáns onde se elaboran os viños do Ribeiro. A intervención procúrase facer sutil e natural, empregando os mesmos mecanismos que os labregos traballaron o territorio para adaptalo as súas necesidades. O muro que sostiña a terra, agora vai ser cerramento, e a terra de onde nacían as viñas, a cuberta. A peza que conforma a casa vaise incrustar no terreo, sempre garantindo iluminación e ventilación con patios contra o terreo orientados ao nordeste, e abríndoa cara suroeste, cara o val. Contra o terro atoparase os dormitorios, mentres que a zona de día supera a liña definida polo muro e sitúase como un elemento lixeiro de estrutura de madeira e cuberta metálica. |
Pingback: Mapa dos ´90 #semanadaarquitectura