Andrés Fernández-Albalat
Obra: | Vivenda unifamiliar en Montecelo |
Arquitecto: | Andrés Fernández-Albalat Lois |
Provincia: | A Coruña |
Localidade: | Montecelo, Bergondo |
Ano: | 1976 |
Xeolocalización: | 43.323889, -8.219420 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Publicacións: | ||
Obradoiro 17 | COAG 1990 Lecciones de arquitectura 14 | T6 2008 | ||
Información na rede: | ||
Descripción do proxecto: | ||
«No lugar de Montecelo, concello de Bergondo, construín unha vivenda unifamiliar en 1976. Lugar prominente, un castro, con topografía moi movida, toda en socalcos, terreo extenso. Polo sur vese a ría de Betanzos e ao norte, pola noite, vese Ferrol. Programa bastante amplo. Na planta terrea sitúase a vida diaria: o estar, o comedor, cociña, servizos, unha zona de xogos (bastantes nenos). A entrada ao norte tamén é un pouco velada, como comentei antes. Garaxe. No primeiro andar a zona de dormitorios, ao sur un baleiro sobre a zona do estar. Cada dormitorio ten o seu cuarto de baño e o seu pequeno vestidor, un corredor con fiestras altas que dan ao norte e a zona que da ao sur, con fiestras baixas, moi amplas. A planta é máis ou menos lineal, no sentido leste-oeste, co que se crea unha zona ao sur recollida. No cuarto de estar, dúas cotas de pavimentos, hai unha zona de verán –acristalada, a cota baixa- e outra de inverno, con cheminea, vendo a paisaxe de Betanzos ao fondo. A sección do corpo central, a zona de estar, proxectouse en pico, cunha cuberta moi inclinada con parte acristalada, que corresponde á zona de estar. En Galicia chamamos aos cubertos alpendres, e sería como un ‘alpendre’ acristalado xa que a natureza é preciosa, e entra a paisaxe pola fronte, os lados e tamén pola cuberta. Incluso cando chove e non te mollas é unha gozada. Pretendeuse ter un diálogo coa paisaxe» Andrés Fernández-Albalat | ||
Reportaxe fotográfica: |