Leopoldo Alonso-Lamberti
Obra: | Vivenda unifamiliar en Poio |
Arquitecto: | Leopoldo Alonso-Lamberti |
Provincia: | Pontevedra |
Localidade: | Poio |
Ano: | 2006 |
Xeolocalización: | 42.436,-8.666 |
Outros Datos: | ||
Premios: | ||
Finalista | II Premio ENOR | 2006 | ||
Publicacións: | ||
Información na rede: | ||
Descripción do proxecto: | ||
«O propósito de alterar a topografía o mínimo imprescindíbel guía o proxecto desta vivenda, có obxectivo de propiciar unha mellor integración e a apertura das vistas, cara o mar. Había que respectar a contorna, adaptarse a súa escala rural e non desvirtuar o carácter da ladeira na que se asenta a construción, un terreo cunha costa moi pronunciada cara ao sueste, cuxa cota superior sitúase ao noroeste. Preto de Poio, o lugar intenta conservar o seu carácter rural, pese a presenza de áreas residenciais irrespectuosas coa topografía. Mentres un dos volumes é un cubo de formigón armado chantado no terreo, coa súa parte inferior inclinada no sentido da pendente, o outro debuxase con dúas alturas: A inferior, enterrada; a superior, apoiada no terreo e revestida cun monocapa coloreado que aporta maior lixeireza dende a perspectiva visual. A integración das dúas pezas no lugar, a escala e a altura elixida conseguen a conservación da ladeira e a preservación da natureza» Leopoldo Alonso-Lamberti | ||
Reportaxe fotográfica: |