12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Vivenda unifamiliar en Vilagarcía de Arousa

AG_vivenda_vilagarcia_recua_dapena_00
recunaedapena arquitectos
Obra:Vivenda unifamiliar en Vilagarcía de Arousa
Arquitecto:recunaedapena arquitectos | José Luis Recuna e José María Fernández Dapena
Provincia:Pontevedra
Localidade:Vilagarcía de Arousa
Ano:2008
Xeolocalización:42.591196,  -8.774347
Outros Datos:
Premios:
Accesit | Premio Juana de Vega | 2009
Publicacións:
As novas casas galegas | Fundación Juana de Vega | 2010
Información na rede:
recunaedapena.es
juanadevega.org
Descripción do proxecto:

«Decisión de tirar a casa (existente) coa lóxica tritura familiar. Arrimarse ao linde norte para non ver ao veciño indesexado.
Alongar a secuencia da casa para percorrer o soar e chagar ao fondo que é a zona de estar e do xardín coa piscina.
Reducir a presenza da cara á fronte de acceso, construíndo un corpo estreito en planta alta, para tapar unha medianeira infame con exceso de volume e estrañamente permitida.
Despregamento da casa en planta baixa, para apropiarse do terreo, formando uns patios en sentido transversal, que favorecen a iluminación e entrada do sol, deficientes por culpa da nave industrial.
Programa sinxelo, para unha familia de tres persoas. Volume con xogo de planos; as paredes evitan os ángulos rectos en contraposición coa xeometría regular da nave industrial, multiplicando os xogos de luces e sombras.
A casa, cara ao fondo, perde o seu ancho e asimílase ao muro, gañando a zona exterior a dimensión necesaria para situar a piscina.
Disposición das fiestras para que se posibiliten: privacidade, visións longas e entradas de sol.
En xeral, escala que tende a ser pequena, levando algunhas dimensións a límites críticos, que provocan tensións que xeran sensación de calidez, sosego a seguridade»
recunaedapena arquitectos

Reportaxe fotográfica:
Planos:

 

Authors
12345 (Ninguna valoración todavía)
Cargando...

Related posts

*

Top