Primeiro Premio
Accésit
- Casa unifamiliar en Vilagarcía, de Xosé Luis Recuna e Xosé María Fernández.
Finalista
- Vivenda unifamiliar en Silleda, do Estudio Tercero Derecha.
Acta do XI Premio Juana de Vega de Aquitectura
«Oleiros, 9 de setembro de 2014
Asistentes:
Presidente | Antonio Maroño Cal |
Secretaria | Isabel Aguirre de Urcola |
Vocais | Gonçalo ByrneFernando Agrasar QuirogaEnrique Sáez PonteManuel Caamaño Suárez Salvador Fraga Rivas Francisco Xavier Seoane Rivas |
Este ano, a petición do director da ETSA da Coruña, o xurado foi acompañado por tres profesores visitantes estranxeiros que amosan grande interese polo Premio e o xeito de traballar neste tema por parte da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega. As persoas que participaron neste programa de visitas foron:
- Luis Eugenio da Silva Lage, director da Facultade de Arquitectura e Planeamento Físico, da Universidade Eduardo Mondlane, de Moçanbique.
- Henry Vicente, director da Escola de Arquitectura da Universidade Simón Bolivar, de Cacaras, en Venezuela.
- Amar Bnnadji, profesor en “The Escott Stherland School of Architecture & Built Environmet” da Robert Gordon University, en Escocia.
Tralo percorrido programado o xurado reúnese en Canido (Vigo) e tras constatar que hai dúas obras que destacan con certa claridade sobre o conxunto das visitadas, o xurado toma as seguintes decisións:
- Conceder o Premio Juana de Vega de Arquitectura na presente convocatoria, á casa situada en Arderís, Oroso (A Coruña), do arquitecto Emilio Rodríguez Blanco. O xurado valora especialmente a calidade lograda nos espazos interiores pola entrada de luz a toda a zona común e aos dormitorios, que resultan moi axeitados para a vida dos seus ocupantes. Tamén quere destacar a boa conxunción entre esta calidade ambiental e o emprego de materiais de baixo custo, cunha certa influencia do movemento brutalista, que produciría resultados algo duros de non ser polo bo deseño arquitectónico do conxunto.
- Outorgar un accésit á vivenda situada na Rúa Rosalía de Castro de Vilagarcía, dos Arquitectos Xosé Luis Recuna e Xosé María Fernández. A casa, situada fronte ao mar de Arousa, destaca polo seu moderno deseño, moi apoiado no emprego de madeira como elemento unificador, e ben integrado nunha zona na que hai edificios de varias épocas e niveis de calidade moi dispares. A vivenda retranquéase un pouco da rúa principal e ábrese sobre a vía posterior. O conxunto resulta equilibrado e eficaz e, ao mesmo tempo, harmonizado polo emprego da madeira en listóns (fachada á rúa e espazo vertical interior que integra os diversos niveis), prolongándose no mobiliario da obra.
- O xurado congratúlase de que este premio siga contando con un número alto de vivendas presentadas que proba que a arquitectura actual vaise integrando ben nas opcións dos residentes en Galicia á hora de construíren a súa casa. Entre as obras non premiadas destaca o resultado obtido polos arquitectos do estudio Tercero Derecha, na súa obra da Rúa Pontevedra en Silleda, que crea un espazo equilibrado con boas solucións de integración no conxunto urbano e no emprego de solucións que favorecen o aforro de enerxía.»